Convocatoria de subvencións
Programa FOAI/2027–Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero no ano 2027
Publicación oficial
Bases reguladoras: BOP nº 197, do 15 de outubro de 2026.
Extracto da convocatoria: BOP nº 200, do 20 de outubro de 2026.
Concesión provisional: pendente
Obxecto da subvención
O obxecto do programa FOAI/2027 é a asistencia económica ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes, contribuíndo ao financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero para a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade, e coordinación coa Deputación da Coruña dando continuidade ás liñas estratéxicas implementadas no marco do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia da Coruña (Medida O.E 2.1/2.1.2).
Neste programa subvencionaranse os postos de traballo que estean desempeñados por persoal funcionario ou laboral fixo ou temporal con relacións de emprego que se axusten á lexislación vixente.
Ámbito temporal
As subvencións obxecto deste programa destinaranse a financiar o persoal dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2027.
Contía das axudas
- Importe da convocatoria: 450.000 €.
- Importe do orzamento de gastos: Sen límite
- Importe da subvención que se vai conceder: Máximo 22.000 €
- Importe solicitado: O 100 % do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: 1
Conceptos de gasto
- Soldos e salarios
- Seguridade Social a cargo da entidade
Prazo de solicitude
Comeza ás 8:00 do día 20 de outubro e finaliza ás 14:00 do 20 de novembro.
A tramitación realizarase exclusivamente a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación: https://sede.dacoruna.gal
Beneficiarias
Entidades locais da provincia da Coruña con menos de 20.000 habitantes que cumpran os requisitos das bases e da Ordenanza Xeral de Subvencións.
Documentación destacada
- Certificación acreditativa do acordo de solicitude.
- Acreditación da delegación da Alcaldía/Presidencia
- Informe da Secretaría da entidade sobre o posto de traballo, no que se indicará a súa adecuación á lexislación vixente, categoría e grupo profesional.
- Proxecto técnico
- Orzamento estimado dos gastos derivados de retribucións brutas e seguros sociais con cargo á entidade local do persoal para o que solicita a achega e outros ingresos previstos para o seu financiamento.
- Certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
- Declaracións: cumprimento de requisitos, compromiso coa lingua galega e non sexista, difusión, comprobación delitos contra a liberdade sexual no caso de actividades que implique o contacto con menores.
Obrigas principais
- Uso da lingua galega en toda a comunicación e materiais.
- Difusión do apoio da Deputación en todos os soportes.
Para dar por satisfeito este compromiso a entidade deberá acreditar no momento da xustificación a inclusión do símbolo e logotipo da Deputación da Coruña e o logotipo específico de Igualdade a través das seguintes canles de difusión obrigatorias:
- No material gráfico, polo menos nun dos seguintes: Folletos/carteis de difusión da actividade subvencionada ou información feita no local onde se desenvolveu.
- Na páxina web ou redes sociais.
A entidade terá a obriga de colocar un cartel no posto de traballo do persoal técnico de Igualdade de Xénero, nun lugar visible para o público.
- Participar nas actividades formativas organizadas pola Deputación da Coruña no ámbito das políticas públicas de Igualdade.
- Coordinación técnica e traballo en rede. A entidade local participará no traballo en rede promovido pola Deputación da Coruña en materia de igualdade.
- Plan de igualdade municipal. Avaliar, elaborar, prorrogar ou renovar o Plan de Igualdade municipal.
Preguntas frecuentes
Que debe incluír o informe da Secretaría sobre o posto de traballo?
O informe deberá estar asinado pola Secretaría da entidade e indicar expresamente:
A categoría e o grupo profesional da persoa contratada.
A modalidade de contratación.
A data de inicio do contrato.
A data prevista de finalización.
É importante que a información acreditada sexa coherente coa lexislación laboral vixente e coa solicitude presentada.
Como se calcula correctamente o importe da subvención solicitada?
O importe debe axustarse á duración do contrato e á porcentaxe de xornada prevista, respectando os límites establecidos nas bases reguladoras.
Exemplo de cálculo:
Contrato de 6 meses (180 días).
Xornada de 6 horas diarias.
A xornada completa de referencia é de 7,5 horas/día.
Cálculo:
Porcentaxe de xornada: 6 h / 7,5 h = 80 %.
Achega diaria para xornada completa: 60,27 €/día.
Achega correspondente ao 80 % de xornada: 48,22 €/día.
Importe máximo para 180 días: 8.679,60 €.
Que requisitos debe cumprir o persoal financiado a través deste programa?
O persoal financiado deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Estar prestando servizos no concello ou estar prevista a súa contratación durante o período subvencionable.
- Ter a categoría profesional de técnica/o de igualdade de xénero, axente de igualdade de xénero ou equivalente, correspondente ao grupo de clasificación A1/A2 ou equivalente no caso de persoal laboral.
- Dispoñer dunha titulación universitaria de Grao, Licenciatura ou Diplomatura. Nos procedementos de contratación non poderá limitarse nin excluírse ningunha rama de coñecemento.
- Contar con formación especializada en materia de igualdade de xénero ou violencia de xénero de, cando menos, 500 horas, agás no caso das persoas tituladas no Grao en Igualdade. Non se terán en conta xornadas nin accións formativas inferiores a 20 horas. A formación deberá estar convocada, impartida ou homologada por administracións públicas, organismos do sector público, INAP, EGAP, organismos equivalentes doutras comunidades autónomas, universidades, colexios profesionais ou entidades promotoras do AFEDAP.
- Ser persoal propio do concello, non admitíndose a contratación externa de servizos.
- Ter unha dedicación mínima de media xornada no concello.
- Non percibir outra subvención da Deputación da Coruña para o financiamento do mesmo posto.
As subvencións deste programa financiarán os gastos de persoal correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2027.
Que funcións debe desenvolver o persoal financiado?
O persoal financiado deberá desempeñar funcións relacionadas coa promoción da igualdade de oportunidades, a prevención e intervención en violencia de xénero e a sensibilización sobre a diversidade sexual. Entre outras, inclúense a detección de necesidades, información e asesoramento á cidadanía, deseño e execución de programas de igualdade, coordinación con outros servizos municipais, seguimento e avaliación das actuacións, elaboración de informes con perspectiva de xénero e colaboración coa Deputación da Coruña.
Así mesmo, poderá participar na elaboración e implementación de instrumentos como os plans de igualdade, os protocolos de acoso e as medidas vinculadas ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2026.
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2026
- Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento enpolíticas de xénero no ano 2026
- Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
- Programa: FOIO0A/2026
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/481
- Importe da convocatoria: 600.000 €. Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
- Importe da orzamento de gastos: Mínimo 1.250 €, máximo 100.000 €
- Importe da subvención que se vai conceder: Mínimo 1.000 €, máximo 40.000 €. No caso de solicitar unha peticición para mantemento (FOIO0A) e outra para investimento (FOIO0B) o importe máximo do importe que se concederá conxuntamente é 60.000 €
- Importe solicitado: Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: Do 0,20 ao 0,80
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.
Códigos:
- EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.
-Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
- EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO E SENSIBILIZACIÓN DA DIVERSIDADE SEXUAL
Tipos de proxectos subvencionables:
-Elaboración de plans, diagnoses ou estudos en materia de igualdade ou conciliación (non implementación)
-Elaboración de manuais e guías en materia de igualdade de xénero e sensibilización sobre a diversidade sexual.
-Programas e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero, orientación sexual e identidade de xénero.
-Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
- EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas formativos de capacitación profesional das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
Requisitos:
- Dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.
- Duración mínima de 30 horas.
-Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.
- EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou servizos de conciliación.
Requisitos:
- - Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.
- - Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.
- - Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.
- - Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:
- - O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.
- - Actividades específicas, dirixidas ao alumnado, do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.
- - Coidarase a selección musical, de ser o caso, non empregando cancións sexistas.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
- EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.
-Elaboración de manuais e guías en materia de prevención da violencia de xénero.
- EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
Podes consultar as bases no BOP nº 214 do 7 de novembro de 2025
Prazo de solicitudes : dende as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2025, ata as 14:00 horas del día 16 de decembro de 2025, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O INVESTIMENTO EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2026.
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2026
- Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2026
- Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
- Programa: FOIO0B/2026
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/781
- Importe da convocatoria: 100.000 €. Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
- Importe da orzamento de gastos: Mínimo 750 €, máximo 35.000 €
- Importe da subvención que se vai conceder: ata 28.000 €. No caso de solicitar unha peticición para mantemento (FOIO0A) e outra para investimento (FOIO0B) o importe máximo do importe que se concederá conxuntamente é 60.000 €
- Importe solicitado: Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: Do 0,20 ao 0,80
O obxectivo da convocatoria é apoiar ás entidades sen ánimo de lucro na realización de obras (acondicionamento, mantemento e reparación) e adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e/ou actividades en materia de igualdade de xénero.
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.
Códigos:
- EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.
-Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
- EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO E SENSIBILIZACIÓN DA DIVERSIDADE SEXUAL
Tipos de proxectos subvencionables:
-Elaboración de plans, diagnoses ou estudos en materia de igualdade ou conciliación (non implementación)
-Elaboración de manuais e guías en materia de igualdade de xénero.
-Programas e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero, orientación sexual e identidade de xénero e sensibilización sobre a diversidade sexual.
-Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
- EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas formativos de capacitación profesional das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
Requisitos:
-Dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.
- Duración mínima de 30 horas.
- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.
- EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou servizos de conciliación.
Requisitos:
- Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.
- Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.
- Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.
- Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:
- O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.
- Actividades específicas, dirixidas ao alumnado, do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.
- Coidarase a selección musical, de ser o caso, non empregando cancións sexistas.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
- EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
-Elaboración de manuais e guías en materia de prevención da violencia de xénero.
- EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
Serán subvencionables os gastos comprendidos nos conceptos incluídos na táboa de contas que figura deseguido:
206 Aplicacións informáticas
211 Construcións
213 Maquinaria
214 Ferramenta
216 Mobiliario
217 Equipos para procesos de información
219 Outro inmobilizado material
Podes consultar as bases no BOP número 214 do 7 de novembro de 2025
O prazo de solicitude iniciarase as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2025, e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de decembro de 2025, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
