Inclúe 6 itinerarios de inserción laboral, cinco deles conducentes a Certificado Profesional
Persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego
A selección dos itinerarios realizouse en base á análise da demanda do mercadode traballo
PEL ACTIVA inclúe 6 itinerarios de inserción laboral que no 80 % dos casos están encamiñados á obtención dun Certificado Profesional da Xunta de Galicia.
Están programadas 19 edicións dos itinerarios seleccionados.
Os itinerarios de inserción inclúen formación específica, transversal e complementaria, prácticas profesionais titorizadas en empresas, así como titorías e orientación laboral.
A formación será presencial e desenvolverá todos os módulos formativos incluídos no certificado profesional de referencia.
Cada acción formativa terá un total de 12 participantes por cada edición.

