Subvencións

Programa FO208/2027 – Programa de subvencións a concellos para financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades e sinalización de espazos de recuperación de la memoria democrática, para o ano 2027.

A Deputación da Coruña convoca o Programa FO208/2027, dirixido aos concellos da provincia con menos de 10.000 habitantes, para apoiar actuacións relacionadas coa supresión da simboloxía franquista, a recuperación da memoria democrática e a sinalización de espazos de homenaxe.

Publicación oficial

Bases reguladoras: BOP nº 197, do 15 de outubro de 2026.

Extracto da convocatoria: BOP nº 200, do 20 de outubro de 2026.

Concesión provisional: pendente

Obxecto da subvención

As axudas destínanse a financiar:

  • Retirada de escudos, placas, insignias, estatuas ou mencións de exaltación franquista, e restauración do ben municipal afectado.
  • Actividades de divulgación da memoria democrática: charlas, cursos, congresos, publicacións, exposicións, etc.
  • Sinalización e mantemento de espazos de memoria, incluíndo placas e paneis informativos (co logotipo da Deputación e a frase obrigatoria "Vítimas do golpe de estado fascista de 1936").
  • Actos de homenaxe e recoñecemento público ás vítimas da represión entre 1936 e 1978.

Ámbito temporal

As actividades obxecto deste programa deben realizarse no periodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2027 e o 31 de decembro de 2027.

Contía das axudas

  • Importe subvención a conceder: mínimo 3.000 €, máximo 10.000 €.
  • Importe do orzamento de gastos: mínimo 3.750 €, máximo 12.500 €.
  • Porcentaxe subvencionable: entre o 20% e o 80% do gasto total.
  • Só se admiten gastos correntes (non investimentos).

Conceptos de gasto

  • 600 Compras de bens destinados á actividade (material non inventariable)
  • 607 Traballos realizados por outras empresas para o desenvolvemento da actividade
  • 621 Arrendamentos
  • 622 Reparación e conservación de equipamento ou material
  • 623 Servizos de profesionais independentes
  • 627 Publicidade e propaganda
  • 640 Soldos e salarios vinculados á actividade subvencionada
  • 642 Seguridade Social a cargo da entidade vinculada á actividade subvencionada

Prazo de solicitude

Comeza ás 8:00 do día 20 de outubro e finaliza ás 14:00 do 20 de novembro.

A tramitación realizarase exclusivamente a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación: https://sede.dacoruna.gal

Beneficiarias
Concellos da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes que cumpran os requisitos das bases e da Ordenanza Xeral de Subvencións.

Documentación destacada

  • Memoria descritiva do proxecto.
  • Anexo fotográfico dos elementos a retirar ou do espazo a sinalizar.
  • Certificacións de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (ou autorización de consulta).
  • Acordo municipal de solicitude.
  • Acreditación da delegación da Alcaldía/Presidencia
  • Declaracións: cumprimento de requisitos, compromiso coa lingua galega e non sexista, difusión, comprobación delitos contra a liberdade sexual no caso de actividades que implique o contacto con menores. 

Obrigas principais

  • Uso da lingua galega en toda a comunicación e materiais.
  • Difusión do apoio da Deputación en todos os soportes.
  • Invitación á Deputación aos actos de inauguración ou homenaxe.

Criterios de valoración

1. Coeficiente de financiamento solicitado (ata 10 puntos)

  • 20% - 29,99%: 10 puntos
  • 30% - 39,99%: 8 puntos
  • 40% - 49,99%: 6 puntos
  • 50% - 59,99%: 4 puntos
  • 60% - 80%: 0 puntos

2. Tipo de actuación

  • Acto de homenaxe: 5 puntos
  • Investigación, estudo ou documentación histórica: 5 puntos
  • Sinalización de espazos ou roteiros da memoria: 15 puntos

3. Eliminación de simboloxía antidemocrática (ata 15 puntos)

  • 1 símbolo retirado: 5 puntos
  • 2 símbolos retirados: 10 puntos
  • 3 ou máis símbolos retirados: 15 puntos

4. Actividades de divulgación (ata 15 puntos)

  • 1 actividade: 5 puntos
  • 2 actividades: 10 puntos
  • 3 ou máis actividades: 15 puntos

Computan individualmente conferencias, charlas, cursos, congresos, publicacións, exposicións, etc., aínda que se realicen na mesma xornada.

5. Poboación do concello (ata 5 puntos)

  • Menos de 2.000 habitantes: 1 punto
  • Entre 2.000 e 5.000 habitantes: 3 puntos
  • Entre 5.001 e 10.000 habitantes: 5 puntos

Presentación da convocatoria

SUBTEL

Preguntas frecuentes

É necesaria autorización cando a actuación se realiza nun espazo que non é de titularidade municipal?

Si. Cando as actuacións de eliminación de simboloxía franquista se desenvolvan en espazos que non sexan de titularidade municipal, deberá achegarse a autorización expresa da persoa ou entidade titular do inmoble ou espazo afectado.

Son subvencionables todos os gastos asociados ao proxecto?

Non necesariamente. É preciso revisar previamente a natureza dos gastos incluídos no proxecto, xa que os investimentos, con carácter xeral, non son subvencionables. Unicamente poderán admitirse aqueles casos nos que, de acordo coa normativa contable aplicable, o gasto non teña a consideración de investimento.