ITINERARIOS
Inclúe 6 itinerarios de inserción laboral, cinco deles conducentes a Certificado Profesional
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego
COLABORADORES
A selección dos itinerarios realizouse en base á análise da demanda do mercadode traballo
PEL ACTIVA ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas inscritas como demandantes de emprego.
As persoas participantes serán seleccionados prioritariamente entre os colectivos máis afastados do mercado laboral.
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas maiores de 45 anos, especialmente mulleres.
- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Nacionais de terceiros países.
- Persoas de orixe estranxeira.
- Minorías.
- Persoas en situación socioeconómica vulnerable (situación ou risco de pobreza, exclusión social ou discriminación).
As persoas participantes nos itinerarios PEL ACTIVA terán dereito a recibir unha axuda económica se carecen de ingresos, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano.
- Importe: 13,45 euros por día de asistencia
- Pagamento único ao rematar o itinerario

