Estás en:PEL ACTIVA

Preguntas Frecuentes sobre o Portal de Transparencia e Información Pública

O Portal de Transparencia é o instrumento básico e xeral para facilitar á cidadanía o acceso á información pública en cumprimento coa Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno. Dita Lei ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos. A Lei establece as obrigacións de publicación que afectan as entidades públicas para garantir a transparencia na súa actividade e regula o dereito de acceso dos cidadáns á información pública. 

Pode consultar o Portal de Transparencia da Deputación Provincial da Coruña aquí.

É o dereito que ten calquera persoa para acceder á información pública que considere do seu interese cos únicos límites que sinala a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte que obren en poder da Deputación provincial da Coruña e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.

Poderán exercer o seu dereito de información pública a cidadanía en xeral, nos termos previstos no artigo 105.b da Constitución española. As persoas xurídicas poderán, así mesmo, exercer o seu dereito de acceso.

Si, a solicitude poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia de: a identidade da persoa solicitante, a información que se solicita, un enderezo de contacto, preferentemente electrónico, para os efectos das comunicacións e, no seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.

Presentando a solicitude no formulario establecido para o efecto:

1. Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación provincial da Coruña accedendo a "Solicitude de acceso á información pública". Tras identificarse electronicamente, mostrarase un formulario para levar a cabo a solicitude de información.

2. Tamén pode facelo:

- No rexistro electrónico da administración ou organismo ao que se dirixa, así como
nos restantes rexistros electrónicos de calquera do resto de suxeitos obrigados pola
Lei de transparencia.
- Nas oficinas de Correos.
- Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
- Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
- En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Cl@ve é un sistema de identificación electrónica que a Administración pública pon ao dispor da cidadanía para facilitar a relación coas Administracións por medios electrónicos.

Co fin de flexibilizar ao máximo o modo de identificación da cidadanía, póñenselle, ao seu dispor, os seguintes medios:

- Acceso con certificado electrónico. A través de Cl@ve, a cidadanía poderá tanto identificarse como asinar a súa solicitude de forma electrónica. Dispor de certificado electrónico permitirá realizar estas mesmas tarefas en moitas
administracións e plataformas que non se integren con Cl@ve directamente 

- Acceso a través das opcións Cl@ve Móvil e Cl@ve Permanente, use a opción correspondente na plataforma Cl@ve . Estas opcións requiren de rexistro previo e, ademais da identificación, no caso de plataformas preparadas para tal efecto como a da Deputación (con mecanismos como o de sinatura non criptográfica), permitirán tamén a sinatura de solicitudes (Máis información en clave.gob.es).

A persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. No entanto, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.

A cidadanía deberá dirixir a súa solicitude ao órgano que posúe a información para lograr unha maior eficiencia na resposta. Se a solicitude se refire a información que non obre en poder do suxeito ao que se dirixe, este debe remitila ao competente, se o coñecese, e informará desta circunstancia a persoa solicitante.

Cando a solicitude non identifique de forma suficiente a información, pediráselle á persoa solicitante que a concrete nun prazo de dez días, con indicación de que, en caso de non facelo, se lle terá por desistida, así como da suspensión do prazo para ditar resolución.

A resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificárselle á persoa solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitasen no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude. Este prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e tras a notificación á persoa solicitante.

Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase e notificase unha resolución expresa entenderase que a solicitude foi desestimada.