Estás en:PEL ACTIVA

Preguntas Frecuentes de Carácter Xeral

Podes consultar as nosas oficinas de atención á cidadanía aquí: Atención á cidadanía

A dirección postal da Oficina de asistencia en materia de rexistros da Deputación provincial da Coruña é a seguinte:


Av. Porto da Coruña, número 2, 15003 A Coruña


Para axilizar á atención da túa consulta, por favor, especifica a área ou departamento ao que te dirixes.

Contacta coa nosa central no número de teléfono 981 415 000 e transferiremos a túa chamada ao departamento ou persoa que solicites.


A web provincial tamén ofrece información de teléfonos de contacto dos diferentes servizos e edificios provincias no seu Directorio

Para garantir a validez e a eficacia necesaria da presentación de escritos, solicitudes e comunicacións, a Deputación ten habilitados como canles de recepción:

- A Oficina de asistencia en materia de rexistros da Deputación para a súa presentación de forma presencial ou ben por correo postal (Deputación provincial da Coruña, Av. Porto da Coruña, nº 2, 15003-A Coruña).

- A Sede electrónica para a súa presentación de forma telemática.

Lembra que os escritos que cheguen a Deputación da Coruña han de seguir un proceso interno para que os mesmos teñan a validez e eficacia necesaria. Os escritos enviados por correo electrónico non producen o nacemento do acto administrativo.

Si, é posible. Podes presentar a documentación ante a Oficina de asistencia en materia de rexistros da Deputación Provincial da Coruña (Avenida do Porto, nº 2, 15003-A Coruña). O persoal de dita Oficina realizará as comprobacións e actuacións necesarias para o rexistro do teu escrito, solicitude ou comunicación que presentes dirixida a un órgano dunha Administración pública.