Estás en:PEL ACTIVA
ITINERARIOS

Inclúe 6 itinerarios de inserción laboral, cinco deles conducentes a Certificado Profesional

TERRITORIO

A formación desenvolverase en 16 concellos da provincia

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego

COLABORADORES

A selección dos itinerarios realizouse en base á análise da demanda do mercado de traballo


PEL ACTIVA impulsado pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) é un programa de formación para o emprego que ten como finalidade contribuír á inclusión social de persoas desfavorecidas na provincia da Coruña, facendo especial fincapé nas zonas de reto demográfico.

As actuacións de PEL ACTIVA buscan contribuír a fixar poboación nos concellos rurais, ofrecendo formación que permita o acceso a postos de traballo de calidade na súa contorna.

PEL ACTIVA foi seleccionado na primeira convocatoria do Programa de Empleo, Educación, Formación y Economía Social, do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), do período de programación 2021-2027. Máis información.

PEL ACTIVA ten programadas 19 edicións de 6 itinerarios de inserción identificados, complementados con sete xornadas de activación e información en materia de emprego, así como outras catro accións complementarias específicas.


  PEL ACTIVA FSE +

Enderezo: Avenida Porto da Coruña nº2,

15003 A Coruña (Ver mapa)

 Teléfono: 981 080 567

   email: pelactiva@dacoruna.gal